A asignación de prazas para cada turno levarase a cabo do seguinte xeito:
Empregarase o número premiado no sorteo do Cupón Diario da ONCE do mércores 27 de maio.
Dividirase ese número entre o número total de inscricións. Ao resto desa división sumaráselle 1. O resultado desta operación será un número dentro do rango da listaxe de números de solicitude.
O número de solicitude que coincida con ese resultado será a primeira persoa admitida, e as demais asignaranse consecutivamente, mantendo o criterio de que o 80 % das prazas se reservarán para nenas.
Enviarase un correo electrónico ás persoas admitidas inicialmente para que completen a súa inscrición, indicando o procedemento e os prazos. Tamén se informará o alumnado que quede en lista de espera.