A Cátedra presenta unha nova edición do TIC-Camp na Coruña e Ourense. Baixo o lema "Aventura STEM: Viaxe no Tempo", cada participante mergullarase nunha experiencia educativa na que historia e innovación se xuntan para resolver retos do pasado con ferramentas do futuro.
Unha aprendizaxe práctica e divertida
A través dunha metodoloxía lúdica, o alumnado explorará áreas clave do ecosistema dixital actual: drons, robótica, deseño e impresión 3D, programación, IA e ciberseguridade.
O obxectivo é que o alumnado non só adquira competencias técnicas, senón que tamén forxe novas amizades nun contorno colaborativo e creativo.
Impulsando o talento STEM feminino
Fiel ao propósito da Cátedra de reducir a fenda de xénero no sector tecnolóxico, o 80% das prazas do ALDABA TIC-Camp están reservadas para alumnas. Con esta medida, búscase incentivar activamente o interese das nenas polas disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) desde idades temperás, facilitando un acceso equitativo a esas profesións.
Prazos e proceso de inscrición
O período para solicitar unha praza nesta expedición tecnolóxica abrirase na segunda quincena de maio, do 18 ao 24.Tras o proceso de admisión descrito na web, arredor do 29 de maio confirmarase o grupo de participantes que poderán realizar a inscrición final.
Toda a información detallada, as bases e o formulario de inscrición están dispoñibles na web do Camp, na que debe seleccionarse a localización desexada, A Coruña ou Ourense.
Sobre a Cátedra ALDABA-WIB
Foi creada en 2019 e promove a colaboración entre universidade e empresa para avanzar cara a un sector tecnolóxico máis igualitario e humano. As súas liñas de actuación inclúen o impulso do talento feminino nas TIC e o apoio a estudantes para facilitar a súa inserción laboral.
A Cátedra e as súas iniciativas.
Para máis información contactar a [email protected].