GL | ES | EN
26/12/2022

Entrevista á directora da Cátedra ALDABA-WIB das universidades da Coruña e Vigo a raíz da presentación do proxecto BBG-TIC

Imagen de noticia


Virginia Mato Abad, informática e codirectora da Cátedra ALDABA-WIB, compartiu na entrevista da Voz de Galicia o 26 de decembro de 2022 o que está ocorrendo coa presenza das mulleres nas titulacións da área TIC. Na entrevista destacou que «Tenemos que evitar que las mujeres queden al margen de este progreso».

Non é unha cuestión de porcentaxes nin de cotas, senón de exclusión nun mercado laboral con presente e futuro. As mulleres apenas son o 12% das alumnas das titulacións relacionadas coas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, as TIC. Así o ratifica o último Barómetro da fenda de xénero nos estudos TIC elaborado pola Cátedra ALDABA-WIB, das Universidades da Coruña e Vigo.

Le a entrevista completa.