Actividades
Presentación
Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business
A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business foi constituída en setembro de 2019 por ALDABA, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo, co obxectivo de potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por unha banda, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionales de colaboración entre a universidade e a empresa.
Os centros adscritos a esta Cátedra son a Facultade de Informática, no campus da Coruña da UDC, e a Escola Superior de Enxeñaría Informática, no campus de Ourense da UVigo. Por tratarse dunha Cátedra interuniversitaria, con ela búscase promover sinerxias entre ambas as Escolas de Informática, propoñer actividades conxuntas e estreitar lazos.
Unha das liñas estratéxicas que contempla a Cátedra é contribuír á formación de alto nivel dos futuros graduados da FIC-UDC e a ESEI-UVigo, a través de actividades que acheguen ao corpo estudantil as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas. Tamén, facilitar a súa integración no mundo laboral, fomentando a adquisición das competencias, coñecementos e habilidades que demanda o tecido empresarial galego.
Por outra banda, a Cátedra promove o desenvolvemento de actividades que contribúan a dar visibilidade ás achegas das mulleres no mundo das TIC, para xerar referentes para espertar o interese de nenas e mozas en carreiras tecnolóxicas. E tamén fomentará a difusión das innumerables e reseñables contribucións das TIC na mellora dos servizos sociais, culturais, da saúde e, en xeral, da visión máis humana do progreso, lonxe de estereotipos puramente tecnolóxicos.
Precisamente, dentro das iniciativas para reducir a brecha de xénero no ámbito TIC, a Cátedra puxo ao dispor da sociedade BBG-TIC (Barómetro da Brecha de Xénero nos estudos TIC), unha ferramenta web gratuíta que reflicte gráficamente, e permite consultar filtrando por diferentes criterios e ámbitos temporais, a evolución da infrarrepresentación feminina nos estudos de enxeñería TIC (fundamentalmente a enxeñería informática e as titulacións máis próximas), en comparación co resto dos estudos.Este “barómetro” irase actualizando permanentemente cos novos datos de matriculación, resultados académicos, etc. que vaian publicando as administracións públicas educativas, e permitirá coñecer se as medidas, que desde os diferentes estamentos da sociedade están a levarse a cabo para reducir a brecha, están a ter éxito ou non.
Eventos WIB
Axenda
Próximos eventos
11/2026 - Gala I Premios ao Mellor TFG
02/2026 - Ciclo de Charlas FIC: ¿Cómo deseñar un proxecto end-to-end? (FIC)
26/11/2025 - Ciclo de Charlas FIC: O futuro de SAP: aproximación ao modelo de Enxeñería de Software (2ª planta ESEI)
25/11/2025 - Ciclo de Charlas FIC: O futuro de SAP: aproximación ao modelo de Enxeñería de Software (2ª planta FIC)
17/11/2025 - Ciclo de Charlas FIC: Retos aos que se enfronta unha Enxeñeira ou Enxeñeiro de Software nunhas consultora TIC (3ª planta FIC)
5/11/2025 - Ciclo de Charlas FIC: Retos aos que se enfronta unha Enxeñeira ou Enxeñeiro de Software nunhas consultora TIC (2ª planta ESEI)
Últimos eventos
26/02/2023 - Campamento ALDABA-TIC: Misión a Marte 26 ao 30 de xuño de 2023 03/07/2023
Últimas noticias WIB
Mantente ao tanto de todas as noticias
30/06/2025
23/06/2025
Entidades
colaboradoras
Contacto
A Coruña
Facultade de informática - UDC Camiño do Lagar de Castro, 6, 15008 A Coruña
Directora de la Cátedra
Virginia Mato Abad - [email protected]
Ourense
Ourense Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI). Campus de Ourense (Universidad de Vigo) Edificio Politécnico s/n, 32004 Ourense
Directora de la Cátedra
Alma Gómez Rodríguez - [email protected]